Comisión de publicacións

A Comisión de publicacións regúlase nos artigos 5, 6 e 7 do Regulamento do Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo (C. G. 22/01/2019).

Está composta por: 

  • O director/a do servizo
  • O xefe/a de negociado do servizo
  • Tres persoas pertencentes ao PDI do ámbito humanístico-artístico / xurídico-social
  • Tres persoas pertencentes ao PDI do ámbito tecnolóxico-científico
  • Tres persoas pertencentes ao estudantado de mestrado ou doutoramento

Funcións

  • Establecer os criterios de política editorial da universidade.
  • Asesorar a dirección na elaboración da convocatoria anual de publicacións de monografías e manuais.
  • Asesorar a dirección naqueles aspectos editoriais que considere oportuno.
  • Aceptar ou rexeitar orixinais remitidos para a súa publicación, tras analizar os contidos, os informes que os acompañan e os que se soliciten, así como o orzamento do servizo.
  • Establecer a prelación de publicación dos orixinais aceptados.
  • Aprobar a creación ou supresión de coleccións, revistas e demais produtos editoriais.
  • Actuar como comisión asesora da Reitoría en materias relacionadas coa actividade editorial.
  • Propor cantas iniciativas de carácter editorial considere oportunas para a boa marcha do servizo.

Membros

  • Presidencia
    Jorge L. Bueno
  • Secretaría
    José Manuel Pereira
  • Vogais PDI
    Marta García
    Benigno Fernández
    Enrique J. Varela
    Ignacio Pérez
    Marta Pérez
    Ana María Bernabeu
  • Vogais estudantado de terceiro ciclo
    Leonor Parcero
    Claudia de la Iglesia
    Mar Nieves

Documentación