SEMANA DO 10 DE XANEIRO DE 2022

Recollida das mostras para as PCR mediante saliva

Para o PAS e o PDI

UVigo - Comunicación 20/12/2021

 

Primeiros resultados das probas (14 de xaneiro de 2022, ás 14.54 h)
 

Campus Persoas convocadas Mostras recollidas Participación
Pontevedra 456 167 37 %
Ourense 622 253 41 %
Vigo 2059 981 48 %
Total 3137 1401 45 %

Segundo os datos facilitados pola Fundación Biomédica sobre os tests PCR sobre saliva realizados ao persoal da Universidade de Vigo, detectáronse 17 positivos sobre un total de 1350 análises.  

O resto dos  resultados saberanse ao longo da tarde.

O Servizo de Prevención púxose en contacto co Sergas e coas persoas afectadas. Estas terán que avisar o seu médico/a de cabeceira e a persoa responsable covid do seu centro. Cando se reciban os resultados do resto das análises, actualizarase a información.



Realización das probas

A partir do luns 10 de xaneiro de 2022, o PAS e o PDI terán á súa disposición na conserxaría do seu centro o tubo para a recollida das mostras para as PCR mediante saliva.
 

Fase Desenvolvemento Data
1. Recollida dos tubos Nas conserxarías dos centros 10 de xaneiro, de tarde, e 11 de xaneiro, de mañá e de tarde
2. Rexistro das mostras A través da aplicación https://poolingvigo.com/ 12 de xaneiro
3. Entrega das mostras Cada persoa depositará a súa mostra nos pousatubos dispostos nas conserxarías dos centros  12 de xaneiro


A entrega da mostra de saliva farase exclusivamente o mércores 12 de xaneiro, en horario de mañá e tarde, nas conserxerías dos centros.

Excepcionalmente, as persoas que ese día non poidan acudir aos seus centros, poderán entregar a súa mostra nos seguintes puntos de referencia habilitados:

  • Campus de Vigo (As Lagoas, Marcosende): edificio Exeria
  • Campus Vigo (cidade): Escola de Enxeñaría Industrial
  • Campus de Pontevedra: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
  • Campus de Ourense: edificio de Ferro.

 

 

Novas relacionadas

 

Máis información:

Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 440
vicplan@uvigo.gal