Comisión de planificación e asuntos económicos

Funcións

  • Avaliar a demanda social, os recursos materiais e humanos con que conta a Universidade de Vigo e os que precisa para o desenvolvemento completo dos planos de estudos, así como as dispoñibilidades existentes para o seu ensino dentro da programación plurianual da Universidade de Vigo.
  • Estudar os proxectos de instalacións, equipamentos e mantemento que non se financien co orzamento anual da Universidade, d) estudar as propostas de orzamentos ordinarios e informar sobre as necesidades de orzamentos extraordinarios e adicionais que lles sexan presentados.
  • Informar das contas anuais e da liquidación do orzamento.
  • Analizar as modificacións orzamentarias e transferencias de crédito.
  • Avaliar e informar da realización de obras de ampliación, reparación e mellora dos diferentes centros da Universidade, que sexan con cargo ao orzamento da Universidade.
  • Elaborar propostas de distribución de fondos que sexan da súa competencia e informar os pedimentos que, referentes a estes fondos, lles sexan formulados.
  • Informar os proxectos de regulamentos e normativas da súa área de competencia.
  • Informar os cadros de persoal funcionario e laboral de administración e servizos.
     

Membros

  • José Luís Míguez Tabarés
    Membro nato,​​​​​ vicerreitor de Planificación e Sostibilidade
  • José María Martín Moreno 
    Membro nato, vicerreitor de Relacións coa Empresa
  • Inmaculada Anaya Revuelta
    PDI
  • Rafael Durán Barbosa
    PDI
  • Juan Enrique Pardo Froján
    PDI
  • Francisco Javier Rodríguez Martínez
    PDI 
  • Mónica Siota Álvarez
    PDI
  • Pablo Abelleira Acebedo
    Estudante
  • Manuel Diz Folgar 
    Estudante
  • Ana Isabel González Penín
    PAS
  • Xulio Calviño Rodríguez
    Consello Social