Comisión contra o acoso sexual e por razón de sexo

A Comisión contra o acoso sexual e por razón de sexo regúlase no capítulo III do Protocolo marco de actuación para a prevención e sanción do acoso sexual e por razón de sexo.

Está composta por:

  • Director/a da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, que asumirá a presidencia da comisión. 
  • Unha persoa representante do reitor/a. 
  • Unha persoa representante do PDI. 
  • Unha persoa representante do PAS.
  • Unha persoa representante do estudantado.
  • Unha persoa representante da Xerencia que actuará como secretario ou secretaria.

O nomeamento das persoas representantes do PDI, do PAS e do estudantado correspóndelle ao Consello de Goberno á proposta da Comisión de Igualdade da Universidade de Vigo. O seu mandato terá unha duración máxima de tres anos, coa posibilidade dunha soa renovación

Funcións

  • Informar o órgano competente sobre a adopción das medidas preventivas axeitadas para evitar as posibles situacións de acoso sexual  ou por razón de sexo que se poidan producir no contorno universitario.
  • Analizar as denuncias sobre posibles situacións de acoso sexual e por razón de sexo que se presenten ante ela e decidir sobre a apertura do procedemento previsto neste protocolo.
  • Tramitar as denuncias admitidas e emitir informe motivado sobre a situación denunciada.
  • Solicitar á Reitoría as medidas de protección á vítima que se considere necesario adoptar durante a tramitación do procedemento previsto neste protocolo.
  • Facer un seguimento da aplicación do presente protocolo coa finalidade de analizar o seu correcto funcionamento e eficacia e, se é o caso, propoñer a súa modificación ante o Consello de Goberno.
  • Elaborar un informe anual sobre a aplicación do presente protocolo para a súa presentación ante o Consello de Goberno.

Membros

  • María Isabel Doval Ruiz
    Vicerreitora de Responsabilidade Social, Igualdade e Cooperación
    Presidenta
    Suplente: Águeda Gómez Suárez, directora da Unidade de Igualdade
  • Rafael Fernández Acevedo
    Representante do reitor
    Suplente: 
  • María Lameiras Fernández
    PDI
    Suplente: Yolanda Rodríguez Castro
  • Luis Pérez Gómez
    PAS
    Suplente: María José Ríos Santomé
  • Yasmina González Almón
    Alumnado
  • Raquel Souto García
    Secretaria
    Suplente: José González Groba

 

MÁIS INFORMACIÓN