Comisión técnica de atención ao estudantado con necesidades específicas de apoio educativo

Co obxecto de atender de forma adecuada as solicitudes de estudantes con necesidades específicas de apoio  educativo  de  especial  complexidade  técnica  ou  doutra  índole, créase a Comisión técnica de atención ao estudantado con necesidades específicas de apoio educativo (COATEN).

Esta comisión regúlase no capítulo II do Regulamento de atención ao estudantado con necesidades específicas de apoio educativo. 

Os seus membros son nomeados polo reitor/a, a proposta do vicerreitor/a con competencias en servizos sociais. A renovación realizarase cada catro anos, agás no caso da representación do estudantado, que terá lugar cada dous anos.
 

Funcións

  • Elaborar os programas de atención personalizada.
  • Avaliar a posta en práctica dos programas de atención personalizada deseñados e facilitar, se é o caso, o seu reaxuste ou modificación.
  • Emitir  informes  técnicos  sobre  as  actuacións  easadaptacións  necesarias  para  satisfacer  da forma  máis  axeitada, en función dos recursos dispoñibles, as  demandas do estudantado con necesidades específicas de apoio educativo asociadas a condicións persoais de discapacidade.
  • Calquera outra que lle sexa encomendada polo reitor/a ou o Consello de Goberno, ou lle sexa atribuída pola normativa aplicable.


Membros
 

  • María Isabel Doval Ruíz
    Vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación
  • Ricardo Corderí Salgado
    Xefe do Servizo de Extensión Universitaria
  • Cándido Pérez Betanzos
    Servizo de Prevención de Riscos Laborais
  • Mar García Señorán
    Ámbito da psicoloxía
  • María Ainhoa Zabalza Cerdeiriña
    Ámbito da didáctica
  • José Manuel Pazos Rosales
    Ámbito de ciencias da saúde
  • María del Carmen Ruiz Hidalgo
    Ámbito do dereito                                                                                
  • Ángel Holguera Domínguez                                    
    Representante das asociacións e institucións que teñan entre os seus fins a atención ás persoas con discapacidade