Comisión de cursos e convenios

Esta comisión regúlase no artigo 14 do Regulamento de cursos de especialización e convenios.

Está presidida polo reitor/a ou vicerreitor/a en quen delegue e integrada por:

  • As persoas titulares da/s vicerreitoría/s con competencias en investigación e desenvolvemento e tranferencia de ciencia e tecnoloxía.
  • Unha persoa representante do PDI por cada un dos ámbitos de coñecemento. 
  • Unha persoa representante do persoal de administración e servicios
  • Unha persoa representante do estudantado.
  • A persoa que dirixe a oficina I+D desenvolverá o cargo de secretario/a.

Funcións

  • Conceder autorización, cando a actividade proposta cumpra todas as especificacións enunciadas neste regulamento.
  • Volver a proposta ao que propón o solicitante, cando non sexa totalmente correcta, indicando en que punto debe cambiala.
  • Denegar a autorización, se a proposta incorre nalgún dos supostos enunciados no artigo 5.
  • Fixar o importe mínimo dun contrato que implicaría a sinatura do mesmo polo reitor/a.
  • Notificar ao solicitante os acordos acadados en calquera dos casos a), b) ou c), a través do secretario da comisión.
  • Aprobar os modelos normalizados que se elaboren na Oficina de I+D.
  • Delegar as dúas primeiras funcións na oficina de I+D, co visto e prace do vicerreitor/a responsable de desenvolvemento e transferencia de ciencia e tecnoloxía, para os contratos cun importe inferior a un máximo que será fixado pola propia Comisión.

Membros

  • Reitor ou vicerreitor en quen delegue
    Presidente
  • Director/a OTRI
    Secretario/a
  • Vicerreitora de Investigación
  • X. Ramón Nóvoa
    Ámbito tecnolóxico
  • Baltasar Manzano
    Ámbito xurídico
  • Francisco Javier Rodríguez Rajo
    Ámbito científico
  • Javier Taboada
    Ámbito tecnolóxico
  • Fermín Pérez Losada
    Ámbito humanístico
  • Xefe de negociado da OTRI
    PAS
  • Raquel González López
    Estudantado