Unidade de Servizos Xerais

A Unidade de Servizos Xerais ten como misión organizar e xestionar o seguimento do patrimonio e do inventario e prestarlles apoio administrativo ao Departamento Técnico de Obras, á Oficina de Medio Ambiente e á Área de Transporte e Distribución.

Funcións

  • Organizar, xestionar e realizar o seguimento do patrimonio e do inventario da Universidade de Vigo
  • Elaborar propostas para utilizar eficaz e correctamente as instalacións, os bens e os medios materiais, naturais e técnicos universitarios
  • Prestarlles apoio administrativo ás actividades de uso e mantemento das instalacións e dos medios naturais da universidade
  • Asistir e prestarlles apoio administrativo ao Departamento Técnico de Obras, Instalacións e Infraestruturas, á Oficina de Medio Ambiente e ás actividades de seguridade e vixilancia
  • Programar e organizar a actividade do persoal de servizos xerais de apoio
  • Asistir e prestarlles apoio administrativo aos membros da comunidade universitaria no relativo á loxística e ao transporte
  • Actuar con criterios de colaboración e de asistencia con outras administracións e entidades relacionadas coa universidade

Responsable

Agustín Regueiro Martínez
Xefe de Área



 

Persoal do servizo

Ver

Onde estamos?

Edificio Filomena Dato, soto
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Mapa

Horario de atención

De 9.00 a 14.00 h, de luns a venres


 

Correos electrónicos

Teléfonos