Sala I do edificio Miralles
26 de abril ás 12.00 h
Inscrición obrigatoria
A sala I do edificio Miralles acolle o vindeiro 26 de abril, ás 12.00 h unha xornada organizada polo Ministerio de Política Territorial e Función Pública e a Universidade de Vigo.
O obxectivo da xornada é dar a coñecer á comunidade universitaria as oportunidades de traballo que ofrece a Función Pública e atraer talento á Administración Xeral do Estado a través das experiencias de persoas que superaron recentemente diferentes procesos selectivos.
Para asistir, é obrigatario inscribirse no enderezo electrónico msonia.postigo@correo.gob.es e indicar o nome, os apelidos e a titulación.