Aberto o prazo de inscrición

Universidade / UVigo - Deporte 11/02/2019

A carreira/andaina HappyGoRunning - Cidade Universitaria é unha iniciativa da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo que se celebrará o vindeiro sábado 27 de abril de 2019 no campus de Vigo.

Este evento, que este ano acada a súa décimo terceira edición, conta coa colaboración de entidades como o Concello de Vigo, a Fundación Galega Contra o Narcotráfico, o Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia ou Cidade Universitaria S.A.
 
A carreira de 10 km formará parte do Circuíto Run Run Vigo de Carreiras Populares, no que quedarán apuntadas automaticamente as persoas inscritas na carreira HappyGoRunning - Cidade Universitaria.

As inscricións están abertas a calquera persoa sen problemas de saúde.

Na carreira, poderán participar aquelas persoas nadas no ano 2001 ou antes e, no caso da andaina, no ano 2006 ou antes.

A carreira desenvólvese sobre un circuíto de 3333 m que transcorre entre os vieiros interiores do campus de Vigo e a entrada á cidade deportiva do Círculo Mercantil e Industrial de Vigo.
 
As persoas participantes escollerán algunha destas distancias:

  • 6,6 km (dúas voltas ao circuíto)
  • 10 km (tres voltas ao circuíto).

A andaina terá unha lonxitude de 10 km e transcorrerá polo contorno do campus universitario.

15.30 h Inicio da acreditación para a andaina e de recollida de dorsais para a carreira
16.00 h Saída da andaina
17.30 h Saída das carreiras
19.15 h Entrega de agasallos

Andaina:

  • 4 € (3 € de inscrición + 1 € solidario para a Fundación Galega contra o Narcotráfico).

Carreiras 10 km e Iniciación:

  • Comunidade universitaria Galaico-Duriense: 5 € (4 € de inscrición + 1 € solidario para a Fundación Galega contra o Narcotráfico).
  • Outras persoas participantes: 7 € (6 € de inscrición + 1 € solidario para a Fundación Galega contra o Narcotráfico).

Recoméndase acceder ao campus por Castrelos-Valadares (vial da Universidade) e utilizar os aparcadoiros das facultades de Ciencias Xurídicas e do Traballo, da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación ou do CACTI. A Estrada das Plantas estará cortada á altura do Círculo Mercantil polo que, quen acceda por esta ruta, deberá tomar o desvío alternativo polo Camiño do Monte ata San Cosme (20 min máis aproximadamente).

* Agárdase contar cun servizo gratuito de autobús da liña 8 de Vitrasa que sairía da Farola de Urzaiz, e pasaría por Praza de España e Praza de América. Para o regreso habería outro servizo.

  • Vestiarios masculinos situados no pavillón universitario e vestiarios femininos no SOOM CDU Vigo (piscina universitaria).
  • Servizo de ludoteca na cafetería Leonardo da Vinci con posibilidade de participar nunha actividade na piscina (necesario traer traxe de baño e gorro).
  • Servizo de comedor: está previsto a realización dunha merenda na que poderán participar todas as persoas asistentes.

Incríbete aquí.
 
O prazo estará aberto ata as 23.59 h do mércores 24 de abril (límite de prazas: 1000).

Se queres participar na organización da carreira, podes facelo como persoa voluntaria.

  • Obxectivo xeral
    Colaboración na promoción e o desenvolvemento do evento.
  • Obxectivo específico
    Apoio en tarefas de promoción, loxística, seguridade, información e protocolo.
  • Destinatarios do programa
    Poboación en xeral.
  • Perfil das persoas voluntarias
    Membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo en xeral. Sen coñecementos e formación específicas.
  • Funcións das persoas voluntarias  
    • Tipo 1
      Actividades relacionadas coa promoción do evento.
    • Tipo 2
      • Seguridade e control.
      • Montaxe e loxística.
      • Control de inscricións e información aos participantes.
      • Tratamento protocolario do evento.
  • Lugar de realización das actividades
    Campus Universitario Lagoas - Marcosende.
  • Tempos de dedicación das persoas voluntarias
    • Tipo 1
      25 horas entre o 1 de marzo e o 30 de abril.
    • Tipo 2
      10 horas entre o 22 e o 27 de abril.

Máis información sobre o voluntariado aquí.

 

Para máis información:

Área de Benestar, Saúde e Deporte
Vicerreitoría de de Extensión Universitaria
+34 986 813 626
www.uvigo.gal/happygorunning
deportes@uvigo.es