Día Internacional da Diversidade Biolóxica

Biodiversidade nun minuto con... Luis Navarro

Unidade de Cultura Científica e da Innovación

UVigo - Comunicación / Universidade 21/05/2019

Segundo os datos de Nacións Unidas, nos próximos anos desaparecerán máis do 10% das especies que existen hoxe en día no planeta. Ademais, un millón de especies están en perigo de extinción.

Con motivo do Día Internacional da Diversidade Biolóxica, o director do Laboratorio de Ecoloxía e Evolución de Plantas da Universidade de Vigo, Luis Navarro, fálanos nun minuto sobre esta cuestión nos perfís da Unidade de Cultura Científica e da Innovación nas redes sociais.
 


Con esta iniciativa, a UCC+i busca informar á cidadanía sobre a gravidade do problema e concienciar sobre a importancia de coidar a nosa contorna, grazas á experiencia dun dos expertos en divulgación científica da nosa universidade.

A Unidade de Cultura Científica e da Innovación anima a darlle a máxima visibilidade a este vídeo que está dispoñible nas redes sociais YouTube, Facebook, Instagram, LinkedIn e Twitter.

Esta área, que depende da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais, foi creada o pasado mes de novembro de 2018 co fin de mellorar a formación, a cultura e os coñecementos científicos da sociedade, converténdose nun axente fundamental na difusión e divulgación da ciencia e innovación da Universidade de Vigo.
 

Máis información:

Unidade de Cultura Científica e da Innovación
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 263
ucc@uvigo.es