Para estudantes de grao e de máster
Bolsas comedor 2018/2019
Solicitudes ata o 8 de marzo
Como en anteriores cursos académicos, a Universidade de Vigo convocar as bolsas comedor destinadas a garantir a igualdade de oportunidades do estudantado cunha situación económica que pode dificultar o seu acceso e permanencia na universidade.
A súa contía é de 500 € e é compatible con calquera outra bolsa de estudos. A axuda vai destinada ao estudantes con rendas familiares preto do limiar de pobreza e que, por motivos académicos, non acadan a contía máxima da bolsa xeral do Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP).
Nos últimos anos, a convocatoria publicábase en setembro pero ata o mes de febreiro non foi posible comezar coa súa xestión posto que resulta necesario resolver previamente as bolsas de carácter xeral do MEFP.
Este curso, co obxecto de adecuar os prazos ao calendario de xestión e acurtar deste xeito o tempo de resolución, decidiuse publicala no mes de febreiro.
O prazo de presentación está aberto ata o 8 de marzo e a convocatoria resolverase no prazo máximo de tres meses a contar desde esa data.