Para o público en xeral

Queres coñecer a Universidade de Vigo?

Universidade 05/06/2019

A Universidade de Vigo organiza os vindeiros 18, 19 e 20 de xuño unha Xornada de Portas Abertas (XOU) nos tres campus. Está dirixida ao público en xeral e mediante charlas, talleres, visitas guiadas, exhibicións e obradoiros achegarase información de interese tanto para o estudantado que decida continuar a súa formación nesta institución coma para as súas familias. Non será preciso inscribirse, salvo en casos de grupos de máis de 15 persoas.

A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía organiza a súa propia Xornada de Portas Abertas o día 19. As visitas organizaranse en tres quendas: ás 10.30 h, ás 12.30 h e ás 16.00 h. Tampouco será preciso inscribirse. Máis información aquí.
 

Máis información:

Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
986 130 270
tecnica.captacion@uvigo.es