Microsoft Outlook
Para configurar a plantilla en Microsoft Outlook 2003 debemos ir a “Ferramentas” -> “Opcións” e, unha vez dentro, na “pestaña de Formato de Correo”.
En Redactar neste formato debe estar seleccionado HTML
A continuación pulsamos abaixo de todo en “Firmas” e aparecerá unha fiestra coas firmas configuradas. Pulsamos en “Nova”, dámoslle un nome e marcamos “Utilizar este arquivo como plantilla”. Entón, prememos Examinar e buscamos o arquivo descargado que se corresponda co noso estamento, servizo o campus.
Nese momento xa nos aparece a nova firma, e teremos que personalizar os datos e enderezos. A parte superior está destinada aos datos da área, servizo, ou facultade, e na inferior os persoais.
Aceptamos os cambios, finalizamos a edición de firmas, e na pestaña de “Formato de correo” seleccionamos a nova firma como predeterminada.
Apple Mail
Abrimos o arquivo descargado no navegador de internet Safari. Pulsamos en “Arquivo” -> “Enviar contido desta páxina por correo”. Cando seleccionamos isto, ábrese unha fiestra do Apple Mail co contido do arquivo descargado.
Personalizamos os datos e prememos en “Arquivo” -> “Gardar como plantilla”, e xa nos garda a documento. Para empregala nos correos electrónicos debemos ir dentro mensaxe a “Mostrar plantillas” -> “Personalizada”.
Mozilla Thunderbird
Unha vez descomprimido o arquivo coas plantillas e seleccionada a da cor que nos corresponda, temos que gardala nunha carpeta segura, posto que este cliente de correo precisa do arquivo cada vez que se emprega a firma. A continuación, abrimos o documento no Bloc de Notas ou Text Edit. Personalizamos os datos e volvemos a gardar o arquivo.
Entón vamos a “Ferramentas” -> “Configuración das contas” e seleccionamos o nome da conta na que queremos empregar a plantilla. Comprobamos que está activado “Adxuntar esta firma” e seleccionamos o arquivo da plantilla.
Finalmente pulsamos en “Aceptar”. |