Área de Centros de Apoio á Investigación

As Áreas de Centros de Apoio á Investigación teñen encomendadas as seguintes funcións:

  • Xestionar e prestar apoio administrativo á investigación e ao desenvolvemento e, cando proceda e baixo a coordinación dos servizos competentes, informar e colaborar coa súa tramitación.
  • Informar, baixo a coordinación do servizo competente, colaborar e facilitar a tramitación das iniciativas e proxectos dos grupos de investigación e do persoal investigador.
  • Asesorar tecnicamente ao persoal investigador e facilitarlles a tramitación de axudas e proxectos.
  • Xestionar e manter actualizada a información, a normativa, as bases de datos e os arquivos.
  • Atender directamente, por calquera medio, aos membros e usuarios da correspondente unidade, orientalos e facilitarlles a realización de xestións e trámites.
  • Coordinarse coas unidades, centros, departamentos e grupos universitarios en materia de investigación.
  • Actuar con criterios de colaboración e asistencia con outras administracións e entidades relacionadas coa investigación e o desenvolvemento.