Área de Tecnoloxías da Información e Comunicacións
A Área de Tecnoloxías da Información e Comunicacións encárgase de xestionar e administrar todas as aplicacións corporativas da Universidade de Vigo, así como de configurar e administrar todas as infraestruturas informáticas relacionadas coa rede de comunicacións, telefonía, atención a usuarios/as, web e sistemas.
Funcións
A Área de Tecnoloxía da Información e Comunicacións ten como misión organizar as infraestruturas, sistemas e aplicacións informáticas en apoio das tarefas organizativas docentes e de xestión.
Son funcións da ATIC:
- Xestionar e administrar todas as infraestruturas de comunicación de datos e voz.
- Xestionar e administrar todas as infraestruturas de servidores corporativos.
- Explotación de datos de aplicacións corporativas.
- Desenvolvemento e mantemento de aplicacións corporativas.
- Soporte e resolución de incidencias.