Servizo de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento

O Servizo de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento encargase da xestión de proxectos e recursos humanos, da xestión de contratos e convenios e a xestión económica dos programas orzamentarios de investigación.

Funcións

  • Elaborar, difundir e xestionar as convocatorias propias de axudas á investigación e ao desenvolvemento
  • Elaborar, difundir e xestionar as convocatorias propias de selección de persoal investigador e de apoio á investigación e ao desenvolvemento
  • Difundir, tramitar e prestar apoio á xestión das convocatorias alleas de axudas á investigación e ao desenvolvemento
  • Difundir, tramitar e prestar apoio á xestión das convocatorias alleas de selección de persoal investigador e de apoio á investigación e ao desenvolvemento
  • Prestar apoio á realización de actividades de captación, capacitación, formación e mobilidade de persoal investigador
  • Asesorar e prestar apoio na xestión dos proxectos de investigación a investigadores e grupos de investigación, colaborando na xustificación e rendición de contas
  • Difundir, tramitar e prestar apoio a xestión das convocatorias alleas de proxectos de infraestruturas científicas e técnicas
  • Asesorar e prestar apoio na xestión das actividades contratadas para realizar traballos de carácter científico, técnico ou artístico, así como para realizar actividades específicas de formación, colaborando na xustificación e rendición de contas
  • Planificar e xestionar económica e orzamentariamente os programas de gastos de servizos centrais e de xestión centralizada no eido da investigación e o desenvolvemento
  • Elaborar propostas de normas e criterios e resolver incidencias
  • Elaborar, difundir e explotar as bases de datos institucionais de información e divulgación científica
  • Elaborar estudos e informes
  • Tramitar reclamacións e impugnacións e elaborar propostas de resolución
  • Establecer criterios e coordinar as actividades das diferentes unidades administrativas nas materias da súa competencia
  • Actuar con criterios de colaboración e asistencia con outras administracións e entidades relacionadas coa universidade

Responsable

Manuel Castro Oliva
Xefe de Servizo

 

Persoal do servizo

Ver

Onde estamos?

Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Mapa

Horario de atención

De 9.00 a 14.00 h de luns a venres


 

Correos electrónicos

Teléfonos