Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos

 

O Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos ten como misión a información, xestión, tramitación e resolución das bolsas e axudas ao estudo destinadas ao alumnado da Universidade de Vigo, e en concreto das convocatorias xerais do MECD e do Goberno Vasco, e as propias da universidade, así como das bolsas de formación convocadas pola Universidade de Vigo. Ademais, encárgase da información e da tramitación dos procedementos de xestión de prezos públicos relativos á vida académica dos e das estudantes.

Funcións

  • Tramitación das reclamacións e impugnacións e elaboración das propostas de resolución en materia de bolsas e axudas ao estudo, e prezos públicos.
  • Apoio ao sistema de garantía da calidade nos centros, singularmente nos procesos de verificación, seguimento e acreditación das titulacións oficiais dos centros.
  • Elaboración de estudos e informes.
  • Redacción das convocatorias de bolsas e axudas propias da Universidade de Vigo.
  • Xestión dos procedementos de bolsas e axudas propias da Universidade de Vigo.
  • Difusión e xestión das bolsas e axudas ao estudo convocadas por outros organismos dirixidas ao alumnado da UVigo, e en concreto as do MECD.
  • Redacción das propostas de normas e dos criterios de aplicación relacionados con bolsas e axudas, e resolución das incidencias.
  • Xestión da vida administrativa das persoas bolseiras e actualización dos seus expedientes.
  • Xestión dos procedementos relativos aos prezos públicos.
  • Redacción das propostas de normas e dos criterios de aplicación relacionados con prezos públicos, e resolución das incidencias

Responsable

Rosa Graña Costas
Xefa de Servizo

 

Persoal do servizo

Ver

Onde estamos?

Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Mapa

Horario de atención

De 9.00 a 14.00 h de luns a venres