Servizo de Control Interno

O Servizo de Control Interno ten encomendado o control económico e financeiro da Universidade de Vigo, encamiñado sobre todo na faceta dos gastos.

Funcións

  • Controla a legalidade dos actos económicos e administrativos no ámbito da Universidade de Vigo
  • Actúa asesorando aos órganos directivos sobre o contido da legalidade orzamentaria das actuacións que realizan na súa propia actividade ou cara a terceiros
  • Verifica a correcta utilización e aplicación dos fondos da universidade aos fins establecidos, polo acordo dos seus órganos directivos e con actuación sobre a normativa legal
  • Comproba que os actos, operacións e procedementos da xestión económico-universitaria se desenvolvan de conformidade coa normativa legal
  • Garante que os procedementos aplicados son os correctamente legais
  • Informa dos convenios subscritos pola Universidade de Vigo que teñan contido económico
  • Informa os expedientes de contratación que realiza a universidade nos seus aspectos económicos, legais e orzamentarios
  • Conforma a ordenación dos pagamentos
  • Informa e coordina sobre procedementos de xestión, tramitación e control de forma permanente aos diversos centros de gastos
  • Elabora os informes que lle son requiridos, a través da Xerencia, polos órganos competentes
  • Participa cos restantes servizos económicos e a Xerencia na preparación e coordinación xeral das actividades económicas
  • Fiscaliza os expedientes de gasto en cumprimento das condicións establecidas na normativa nacional, autonómica e universitaria
  • Comproba e fiscaliza os aspectos legais e materiais das devolucións das taxas
  • Realiza o seguimento e comprobación dos expedientes de contratación das obras, subministros e servizos

Responsable

Margarita Cabaleiro Soto
Xefa do Servizo
 


​​​​Persoal do Servizo

Ver

Onde estamos?

Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Mapa

Horario de atención

De 9.00 a 14.00 h de luns a venres


 

Correos electrónicos

Teléfonos