Servizo de Persoal de Administración e Servizos

O Servizo de Persoal de Administración e Servizos xestiona os procesos de selección e provisión do seu cadro de persoal na Universidade de Vigo, elaborando as convocatorias, dándolles publicidade e colaborando cos órganos de selección. Asemade, encárgase da formación deste sector da comunidade universitaria, organizando actividades e xestionando a asistencia ás que se realizan fóra desta universidade. Tramita tamén os procesos que conguran a vida administrativa deste persoal desde o ingreso nesta administración ata o seu cesamento.

  • Propor criterios, elaborar convocatorias e xestionar os procesos de acceso e provisión dos postos de traballo do PAS.
  • Xestionar a vida laboral do PAS, propor criterios e resolver incidencias.
  • Elaborar propostas, xestionar e manter actualizada a relación de postos de traballo.
  • Prestar apoio, asesorar aos órganos de selección, publicar e tramitar os seus acordos.
  • Dar soporte e xestionar os acordos que se deriven da negociación colectiva do PAS.
  • Elaborar propostas, coordinar e executar o plan de formación, a formación externa e os plans ligados a procesos selectivos.
  • Elaborar estudos e informes.
  • Tramitar reclamacións e impugnacións e elaborar propostas de resolución.
  • Actuar con criterios de colaboración e asistencia con outras administracións e entidades relacionadas coa universidade.

 

Responsable:

José Manuel Fernández Viña
Xefe de Servizo

Correos electrónicos