Servizo de Xestión Económica e Contratación

Ao Servizo de Xestión Económica e Contratación correspóndelle xestionar administrativamente todos os procesos de contratación pública encamiñados á adxudicación, nas súas distintas modalidades, dos contratos correspondentes ás obras, subministracións, consultoría/asistencia/servizos e xestión de servizos públicos/xestión do patrimonio da Universidade de Vigo, así como, desenvolver, no ámbito dos servizos centrais, a xestión económico-administrativa derivada da adquisición de bens, produtos e servizos centralizados ou xerais da universidade.

Funcións

  • Planificar, xestionar e realizar o seguimento dos expedientes de contratación administrativa
  • Xestionar e coordinar a adquisición de bens e servizos a través dos catálogos homologados
  • Planificar e xestionar económica e orzamentariamente os programas de gastos de servizos centrais e de xestión centralizada
  • Realizar o seguimento da execución dos gastos de servizos centrais e de xestión centralizada, analizar as desviacións e elaborar propostas de accións de mellora e correctoras
  • Elaborar estudos e informes
  • Asesorar tecnicamente ás autoridades e órganos da universidade
  • Resolver incidencias e impugnacións e elaborar propostas de resolución
  • Establecer criterios e coordinar as actividades das diferentes unidades administrativas da área económica nas materias da súa competencia
  • Actuar con criterios de colaboración e asistencia con outras administracións e entidades relacionadas coa universidade

Recoñecementos


Responsable

Jesús Bello Condide
Xefe de Servizo

 

Persoal do Servizo

Ver

Onde estamos?

Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Mapa

Horario de atención

De 9.00 a 14.00 h de luns a venres


 

Correos electrónicos

Teléfonos