Unidade de Diversidade

De acordo co artigo 43 da Lei orgánica do sistema universitario (LOSU), a Unidade de Diversidade é a encargada de coordinar e de incluír de maneira transversal o desenvolvemento das políticas universitarias de inclusión e de antidiscriminación no conxunto de actividades e de funcións da Universidade de Vigo. O seu obxectivo é reforzar a atención á diversidade e crear un novo modelo de apoio inclusivo, orientado cara a un proceso de asesoramento, formador e facilitador dunha serie de recursos que axuden na práctica educativa e laboral na Universidade de Vigo.

Funcións

  • Atender a diversidade sexual e de xénero (colectivo LGTBIQA+), así como outros colectivos infrarrepresentados, de tipo étnico-cultural e outros.
  • Coordinar as situacións de discapacidade e de necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) integradas no Servizo de Extensión Universitaria (atención ao estudantado).

 

Responsable

Raquel Rey Vilas
Directora
 

Onde estamos?

Edificio de Facultades, soto
As Lagoas
32004 Ourense
Mapa

Horario de atención

Martes, mércores e xoves, de 8.00 a 14.30 h, no Edificio de Facultades, soto, As Lagoas, 32004 Ourense

Luns e venres, de 8.00 a 14.30 h, no Edificio Ernestina Otero, 3.º andar, As Lagoas, Marcosende, 36310 Vigo

 

Correos electrónicos