Xerencia

A misión do ámbito de xestión da Universidade de Vigo é prestarlle apoio técnico e administrativo aos procesos de ensino e investigación, cunha clara orientación cara ao servizo a toda a comunidade universitaria, anticiparse aos retos e responder ás demandas da sociedade, mediante a participación e o compromiso de profesionais cualificados e a axuda dos medios tecnolóxicos máis avanzados, para contribuír así ao cumprimento da misión e dos obxectivos da universidade e ao respecto dos valores institucionais: orientación ao servizo; transparencia; coordinación; participación; eficacia, eficiencia e efectividade; calidade; proximidade e profesionalidade.


Yolanda Lesmes Romero, xerenta

Yolanda Lesmes Romero é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Conta cun Mestrado en dereito sanitario pola Universidade da Coruña e cun Mestrado en dirección de recursos humanos pola Escola de Negocios Caixanova.

Desde 1993 é funcionaria do corpo superior da Xunta de Galicia. Desenvolveu diversos postos na Administración Xeral da Xunta de Galicia, no Servizo Galego de Saúde e no Concello de Vigo: entre outros, secretaria provincial de Asuntos Sociais en Vigo, subdirectora de Réxime Xurídico e Relacións Laborais do Servizo Galego de Saúde, secretaria territorial da Xunta de Galicia en Vigo, directora de recursos humanos nas áreas sanitarias de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e Pontevedra e O Salnés.

  • Ordenar os pagamentos.
  • Elaborar os orzamentos.
  • Elaborar a liquidación do orzamento, a memoria económica e as contas anuais.
  • Respecto do persoal de administración e servizos (PAS): dirixir a negociación colectiva, asinar pactos e acordos e ditar resolucións e ordes de execución en todas as materias relativas ao PAS.
  • Dirixir a xestión e asinar os contratos, os nomeamentos e os cesamentos do PAS.
  • Dirixir a xestión e resolver os restantes procedementos da vida administrativa e laboral do persoal de administración e servizos, con exclusión da iniciación e resolución de procedementos disciplinarios e a imposición de sancións disciplinarias.
  • Autorizar, dispor e contraer obrigas sobre os créditos de gasto da universidade, con excepción do explicitamente atribuído para outros cargos administrativos nesta resolución.
  • Actuar como órgano de contratación da universidade nos termos establecidos na normativa de contratación do sector público e na lexislación patrimonial, agás o explicitamente atribuído para outros cargos administrativos nesta resolución.
  • Dirixir e acordar os actos de trámite e de xestión común da actividade económicoorzamentaria que non figuren atribuídos a outros órganos universitarios.
  • Manter as infraestruturas existentes e a xestión das reformas, melloras e ampliación das infraestruturas, en coordinación coa Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade.

Secretaría de Xerencia
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 560
xerencia@uvigo.gal


Axenda


Organización

Ángel Nieto, vicexerente de Recursos Humanos

Ángel Nieto Rodríguez é titulado en Ciencias Empresariais pola Universidade de Vigo, onde se incorporou como funcionario de carreira en 1999. Desde entón, ocupou varios postos de diferentes grupos e escalas: secretarías de departamentos e de órganos unipersoais do equipo de goberno, xefaturas de sección nos servizos de PDI e de Apoio á Investigación, así como administrador do ámbito xurídico-social e humanístico, este último desde xuño de 2017 ata a actualidade.

Funcións

  • A Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario e os Estatutos da Universidade de Vigo establecen que lle corresponde á Xerencia a xestión dos servizos administrativos e económicos da universidade. A necesaria especialización da xestión dos servizos, con novos sistemas informatizados e con importantes retos derivados dos cambios lexislativos que afectan especialmente os recursos humanos da institución, fan precisa a designación, dentro do equipo xerencial, dun vicexerente de Recursos Humanos.

Ángel Nieto Rodríguez
Vicexerente de Recursos Humanos
+34 986 813 408    
vicexerencia.rrhh@uvigo.gal

Carmela Sánchez Barreiro, vicexerenta de Economía e Asuntos Xerais da Uvigo

Carmela Sánchez Barreiro é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, diplomada en estudios avanzados pola Universidad de Granada e no Curso de directivos da administración autonómica de Galicia.

Comenzou a súa vida profesional como avogada nos colexios da Coruña e de Santiago de Compostela. Desde 2005, pasou a prestar servizos como funcionaria de carreira nos corpos de xestión e de técnico superior da Administración da Seguridade Social, así como nos de xestión e superior da Administración da Xunta de Galicia en diversos departamentos ministeriais e autonómicos de Galicia.

No ámbito público desenvolveu funcións no campo xurídico-administrativo e no económico no Ministerio de Sanidade ou no das Unidades de Impugnacións e da Fraude no Ministerio de Emprego e Seguridade Social, así como a xefatura do Servizo do Secretariado do Goberno.

Tamén impartiu docencia na Universidade de Vigo como profesora asociada do Departamento de Dereito Público Especial.

Funcións

  • Impulsar os diferentes ámbitos de dixitalización na xestión económica e a súa incardinación cos restantes sistemas informatizados de xestión. 
  • Asesorar para revisar, modificar e promover o desenvolvemento normativo da universidade no eido económico. 
  • Apoiar, orientar e coordinar cos servizos para desenvolver unha xestión áxil e eficaz no campo da contratación pública. 
  • Colaborar e ofrecer asesoramento na elaboración dos orzamentos da universidade. 
  • Outras tarefas afíns no ámbito económico-administrativo encomendados pola Xerencia. 

Carmela Sánchez Barreiro
Vicexerenta de Economía e Asuntos  Xerais
+34 986 818 607
vicexerencia.economica@uvigo.gal

Anxo Moreira, vicexerente de Investigación

Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Vigo, onde traballa desde 2001 no campo da I+D+i, fundamentalmente en proxectos europeos. Entre 2008 e 2011, foi experto no comité do programa PEOPLE do sétimo programa marco de investigación europeo. Entre 2010 e 2015 foi coordinador do grupo de traballo de proxectos europeos da CRUE, do que foi membro entre 2008 e 2017. Entre 2013 e 2016 foi o punto de contacto nacional de aspectos legais e financeiros para o programa Horizonte 2020 da Comisión Europa. Entre 2014 e 2018 foi director da Área Técnica de I+D+I da Universidade de Vigo.

Como docente, participou en diferentes cursos e mestrados especializados en innovación e políticas europeas, tanto na Universidade de Vigo, como noutras universidades e entidades públicas e privadas.

Funcións

  • A necesaria especialización nos procesos de promoción e de fomento da investigación e da innovación do coñecemento en todos os ámbitos da Universidade de Vigo e a súa transferencia ao tecido socioeconómico no que se enmarca a institución, fan precisa a designación dunha persoa para ocupar a Vicexerencia de Investigación que asista e coordine a Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación coas unidades e servizos encargados da xestión, na procura dunha eficaz e eficiente prestación de servizos no impulso dunha investigación de calidade e de excelencia como un dos fins primordiais da Universidade de Vigo.

Anxo Moreira González
Vicexerente de Investigación
+34 986 812 052  
vicexerencia.investigacion@uvigo.gal

Cristina Gallego, vicexerenta de Organización Académica

Graduada en Dirección e Xestión Pública pola Universidade de Vigo.

Desde novembro de 2011 é funcionaria de carreira da Universidade de Vigo, onde desempeñou varios postos en distintos servizos e unidades desde 2001.

En xuño de 2014 ocupou o posto da secretaría da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado e en outubro do 2018, foi nomeada directora da Área de Profesorado, cargo que ocupou ata o seu nomeamento como vicexerenta de Coordinación Académica. 

Funcións

  • A complexidade dos procesos académicos modernos, coa posta en marcha de novos sistemas de xestión informatizados que permitirán a análise e a mellora dos devanditos procedementos, fai necesaria a designación, dentro do equipo xerencial, dunha vicexerenta de Coordinación Académica, que se ocupará das iniciativas relacionadas coas titulacións oficiais de grao, mestrado e doutoramento, así como coa Escola Aberta de Formación Permanente, a futura escola de posgrado e a universidade europea. 

Cristina Gallego Méndez
Vicexerenta de Coordinación Académica
+34 986 130 328  
vicexerencia.academica@uvigo.gal

  • Coordinación técnica da implantación de Sigma. 
  • Coordinación e dirección do equipo técnico encargado da implantación. 
  • Detección, rexistro de incidencias e o seu traslado aos órganos correspondentes e seguimento de solucións. 
  • Coordinación do equipo técnico da fase de desenvolevemento do proxecto Sigma. 
  • Control da execución técnica e seguimento do cumprimento dos prazos acordados coa empresa. 

Carlos Cuervo Martínez
Director da Área para a Implantación, Desenvolvemento e Consolidación do Proxecto SIGMA 
ccuervo@uvigo.gal

  • Coordinación da apertura e dotación dos proxectos financiados con fondos do mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR).
  • Coordinación e xestión da información que cómpre rexistrar no sistema de información de xestión e seguimento do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), denominado CoFFEE-MRR.
  • Coordinación e xestión da información que cómpre rexistrar no sistema de análise de riscos de conflitos de intereses (MINERVA). 
  • Planificación detallada das actividades que se deben realizar para conseguir e acadar os fitos e os obxectivos encomendados no PRTR. 
  • Xustificación dos fondos do MRR.

María Luz Barbosa Pérez
Dirección de Área para os Fondos do MRR
+34 986 130 348
vicexerencia.mrr@uvigo.gal

 

Ver os orzamentos

 

Máis información:

Secretaría de Xerencia
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 560
xerencia@uvigo.gal