Innovación Educativa

A Innovación Educativa é a actitude e o proceso de indagación de novas ideas, propostas e aportacións, efectuadas de maneira colectiva, para a solución de situacións problemáticas da práctica, o que comportará un cambio nos contextos e na práctica institucional da educación (Francisco Imbernón, 1996).
 

GID, Grupos de Innovación Docente

Son grupos de traballo estables de profesorado universitario que teñen como finalidade desenvolver accións dirixidas á formación, á innovación e á renovación do modelo educativo co obxectivo de favorecer a aprendizaxe do alumnado.

Estes grupos permiten reflexionar sobre a práctica docente e constitúen un marco idóneo para impulsar o traballo cooperativo entre docentes de diferentes centros e ámbitos disciplinares que comparten obxectivos comúns.

A Área de Formación e Innovación Educativa promove esta iniciativa coa finalidade de xerar un impacto real que axude a transformar e a renovar o ensino na Universidade de Vigo.

 

Obxectivos

  • Favorécese a participación activa do profesorado en equipos estables que leven a cabo actividades de innovación, renovación de metodoloxías educativas e afondamento nas competencias docentes.
  • Outórgase maior recoñecemento, proxección e difusión ás accións así coma ao profesorado implicado.
  • Contribúese a xerar unha cultura cooperativa, interdisciplinaria e de formación permanente para o desenvolvemento profesional do profesorado.
  • Priorízase a orientación dos traballos do profesorado á consecución de resultados que teñan impacto na mellora da calidade da docencia na Universidade de Vigo.


GID

 
GID Aprendizaxe manipulativa da física

 

Solicitude de xeración de GID

Ao longo do ano fanse catro convocatorias para solicitar a xeración de GID:

  • Xeración de Grupos de Innovación Docente I cuadrimestre (xaneiro-maio).
  • Xeración de Grupos de Innovación Docente II cuadrimestre (xullo-outubro).

Solicitude GID

 

A solicitude será avaliada pola COAP (Comisión de Organización Académica e Profesorado) e a Área de Formación e Innovación Educativa.

O rexistro de Grupos de Innovación Docente será único e estará centralizado na Área de Formación e Innovación Educativa. Cada grupo ten que ter unha denominación propia que o identifique co seu ámbito de traballo, as principais liñas e as temáticas de innovación nas que se sitúa. Cada grupo encargarase de facer a súa propia difusión.
 

Composición:

O número de persoas que compoñen o grupo será como mínimo de tres persoas, tendo en conta ao persoal axudante e bolseiro.

Os e as compoñentes do grupo teñen que pertencer á Universidade de Vigo, aínda que poden establecer redes de colaboración con profesorado doutras universidades.

Cada profesor ou profesora só poderá pertencer a un grupo. Se excepcionalmente algún ou algunha docente solicitase a participación en máis dun grupo, deberá solicitalo á Área de Formación e Innovación Educativa.
 

Coordinación do grupo:

Cada grupo terá unha persoa coordinadora que ten que ser persoal docente e investigador con vinculación permanente coa Universidade de Vigo.

As persoas que exerzan a coordinación teñen que contar cunha avaliación positiva no Docentia Anual.

Funcións de coordinación:

  • Exercer a representación do Grupo de Innovación Docente.
  • Avisar dos cambios dos grupos.
  • Presentar a memoria anual.

Seguimento dos grupos:

Como criterio de renovación e permanencia, cada ano natural os grupos deberán:

  • Presentar a memoria coas actividades realizadas, dificultades atopadas e coas propostas de traballo para o ano seguinte.
  • Actualizar os seus datos: altas e baixas de persoas, disolución, fusión...

Recoñecemento:

As persoas que participen no Grupo de Innovación Docente poderán solicitar o certificado de participación ou coordinación unha vez que pasaran seis meses da súa creación.

A colaboración nun GID será recoñecida no Docentia Anual e Quinquenal.

Aprobados no 2016:

  • Aprendizaxe manipulativa da física
    Coordinador: José Benito Vázquez Dorrío
  • ALITES (Actualización en literatura española)
    Coordinador: Antonio Chas Aguión.
  • BIOS (Bioloxía, innovación, organización e síntese)
    Coordinador: Antonio Carvajar Rodríguez.
  • Calidade e seguridade alimentaria
    Coordinador: Jesús Simal Gándara.
  • Colaboración coa contorna
    Coordinador: Jorge Marcos Acevedo.
  • DESIRE (Design thinking innovation & research)
    Coordinador: Manuel J. Fernández Iglesias.
  • Docencia aberta_Open Teaching
    Coordinador: Xosé María Mahou Lago.
  • Economía Pública e Fiscalidade Aplicada
    Coordinadores: Xosé Manuel González Martínez e José Carlos Álvarez Villamarín.
  • Educación científica, sustentabilidade e xénero
    Coordinadora: María M. Álvarez Lires.
  • EDU-INNO
    Coordinadora: María Dolores Dapía Conde.
  • GID M3C (Grupo de innovación para o desenvolvemento do laboratorio mecatrónico LEGO_MINDSTORMS na casa)
    Coordinador: Julio Garrido Campos.
  • GIDEITT (Grupo de innovación docente para la enseñanza de la Ingeniería de Tecnologías de Telecomunicación)
    Coordinador: Martín Llamas Nistal.
  • GTEyE (Grupo de tecnoloxía enerxética e educación)
    Coordinador: David Patiño Vila.
  • Grupo de estudos das tecnoloxías libres da tradución
    Coordinador: Óscar Díaz Fouces.
  • HIPATIA
    Coordinadora: M.ª de las Nieves Lorenzo González.
  • I+I=C (Innovación máis investigación igual a calidade)
    Coordinador: José Vicente Novegil Souto.
  • INDBIO (Innovación docente en Bioloxía)
    Coordinador: María Jesús Iglesias Briones.
  • INNOVA Dereito
    Coordinador: Pablo Raúl Bonorino Ramírez.
  • Innovación docente na empresa
    Coordinadora: Beatriz González Vázquez.
  • Innovación na docencia de Matemáticas en Enxeñaría Industrial
    Coordinador: Jaime Díaz de Bustamante.
  • LyCoTeC (Lengua y Comunicación Técnico-Científica)
    Coordinador: Antonio Rifón Sánchez.
  • Dixitais
    Coordinador: Alberto Dafonte Gómez.
  • O ensino da física nas enxeñarías industriais
    Coordinador: Fernando Ribas Pérez.
  • RED-IS (Rede educativa docente-innovar en sociedade)
    Coordinador: José Antonio Alonso Rodríguez.

Aprobados no 2017:

  • CFD (Dinámica de Fluídos Computacional aplicada a la docencia)
    Coordinadora: Concepción Paz Penín.
  • COMTECART (Comunicación, Tecnoloxía e Contornas Virtuais)
    Coordinador: Antonio Pena Giménez.
  • I2DH (Investigación e Innovación Docente en Historia)
    Coordinador: Julio Prada Rodríguez.
  • ICAROlab
    Coordinador: Francisco Javier Díaz Otero.
  • GIDAAQ (Grupo de Innovación Docente para a Aprendizaxe Activa en Química)
    Coordinadora: María Beatriz Iglesias Antelo.
  • GIDEP (Grupo de Innovación Docente en EduAcción Patrimonial)
    Coordinadora: Beatriz Comendador Rey.
  • Virtualia (Virtualización de materias na docencia universitaria empregando metodoloxías activas)
    Coordinador: Antonio Fernández Álvarez.
  • Pra&Emp (Prácticas na empresa)
    Coordinadora: Rocío Rodríguez Daponte.

Aprobados no 2018:

  • XEODA (Xeoloxía orientada á docencia)
    Coordinadora: Natalia Caparrini Marín.
  • LIMOPE (Liderazgo y Motivación de Personas y Equipos)
    Coordinadora: Ana M. Mejías Sacaluga.
  • Mundo Microbio
    Coordinadora: María José Pérez Álvarez.
  • HILDEGARD (Innovación en Sexualidade, Xénero e Saúde)
    Coordinadora: María Lameiras Fernández.
  • Educación transformadora: ciencias, comunicación e sociedade
    Coordinador: Miguel Cuevas Alonso.

Aprobados en 2019:

  • INNOVA-UVigo
    Coordinadora: Manuel Raposo Rivas.
  • IN-PROQUIBIO (Innovación docente en procesos de la industria química, petroquímica y biotecnológica)
    Coordinadora: María Asunción Longo González.
  • EvaFiCo
    Mª Beatriz González Sánchez
  • GID-EIQ (Educando en Ingeniería Química)
    Begoña González de Prado.

 

 

Se precisas máis información, podes contactar coa Área de Formación e Innovación Educativa
innovacion.educativa@uvigo.es | +34 986 812 035