Biblioguías
A Biblioteca Universitaria ten entre as súas funcións axudarlle á comunidade universitaria a localizar información científica de calidade para non perderse no universo da información. Son moitos os recursos e as fontes de información aos que acudimos acotío para o noso traballo académico e científico. Mais, son todas as fontes fiables?, cales son os recursos máis interesantes para cada ámbito?, como me pode axudar a Biblioteca?
Nas Biblioguías atoparás guías de apoio á investigación, á docencia e á aprendizaxe, e todos os recursos de información-e subscritos pola Biblioteca e outros de acceso aberto seleccionados polo persoal.
Estas guías están en permanente actualización e diríxense ao estudantado, ao profesorado e ao persoal investigador. Organízanse en grupos:
- Guías temáticas: recollen recursos de información por ámbitos temáticos.
- Guías de apoio á investigación: ofrecen información necesaria para acompañarte no proceso de investigación.
- Guías de servizos: explican polo miúdo os servizos que presta a Biblioteca.
- Guías de recursos: para aprender a utilizar os recursos de información.
- Guías de apoio á aprendizaxe e á docencia: recomendacións para axudar ao alumnado na elaboración de traballos académicos.
- Recursos electrónicos A-Z: a relación completa de recursos de información-e subscritos pola Biblioteca así como unha selección doutros recursos de interese.
Máis información:
Biblioteca Universitaria
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Campus de Vigo
+34 986 813 843
referencia@uvigo.gal
Campus de Pontevedra
+34 986 802 001
refbcp@uvigo.gal
Campus de Ourense
+34 988 387 230
saibco@uvigo.gal