Acordo transformativo con American Chemical Society (ACS) para publicar en acceso aberto

UVigo - Biblioteca 09/09/2021

A Universidade de Vigo, a través do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG), participa nun novo acordo transformativo entre a CRUE-CSIC e a editorial American Chemical Society (ACS).

Con este acordo as universidades disporán de acceso de lectura a todas as revistas científicas no catálogo da editorial estadounidense do ámbito da química (ACS), ao tempo que habilita a publicación en acceso aberto sen custo adicional nas revistas híbridas do Catálogo de ACS, excepto a revista fully OA “ACS Omega”.
O acordo estende a súa vixencia aos artigos aceptados para a publicación desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2024.

Para beneficiarse do desconto do 100 % nos APC:

  • O autor ou autora da correspondencia (corresponding author) deberá ser membro da Universidade de Vigo e identificarse como tal mediante o seu correo institucional. 
  • Cómpre ter un artigo aceptado para a súa publicación entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.

As persoas beneficiarias comprométense a:

Máis información nas guías:

A Biblioteca Universitaria encargarase de xestionar as solicitudes e ofrecerá soporte e asesoramento sobre o procedemento que seguir.

As consultas pódense realizar a través do enderezo accesoaberto.biblioteca@uvigo.gal

 

Novas relacionadas