Adiamento do préstamo físico de libros ata o 15 de abril

UVigo - Biblioteca 25/03/2020

Debido ao estado de alarma e ás medidas decretadas polas autoridades universitarias e gobernamentais para tratar de frear a propagación do virus COVID-19, lembrámsovos que o servizo de préstamo físico dos libros quedou interrompido, agás as consultas por correo electrónico, e que se adiaron todas as devolucións ata o vindeiro 15 de abril, data que poderá revisarse de novo en función da evolución da situación sanitaria.