Ciclo de formación en liña sobre a plataforma Scifinder-n (marzo/abril 2022)

UVigo - Biblioteca 01/03/2022

A Biblioteca Universitaria informa dun ciclo de formación en liña sobre a plataforma Scifinder-n dirixido ás universidades españolas.

SciFinder-n é a nova plataforma de acceso ás bases de datos de Chemical Abstracts (CAS). Ofrece unha interface sinxela e moi fácil de utilizar, máis contido e novas funcionalidades, como o módulo de retrosíntese e PatentPak, entre outras novidades.

O persoal técnico de CAS A sesión impartirá a sesión na que se amosará como optimizar o uso da plataforma CAS SciFinder-n con exemplos prácticos. Ademais responderanse as preguntas e as consultas das persoas asistentes.
 

Programa e inscrición
 

Sesión de referencias: ergonomía da plataforma e principais características. Procura de referencias, procura simple de substancias.
11 de marzo, ás 12.00 h Rexistro En inglés
15 de marzo, ás 10.00 h Rexistro  
16 de marzo, ás 16.00 h Rexistro En inglés
17 de marzo, ás 15.00 h Rexistro  
Sesión substancias, reaccións, retrosíntese: investigación de estruturas, investigación de reaccións, plans de retrosíntese.
28 de marzo, ás 16.00 h Rexistro  
31 de marzo, ás 11.00 h Rexistro  
1 de abril, ás 10.00 h Rexistro En inglés
7 de abril, ás 16.00 h Rexistro En inglés


Para inscribirse, cómpre utilizar un enderezo electrónico da Universidade de Vigo.

 

Biblioteca Universitaria de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central
As Lagoas, Marcosende
36200 Vigo
+34 986 813 843
referencia@uvigo.gal