I Ciclo de formación en liña Web of Science (do 7 ao 25 de marzo de 2022) 

UVigo - Biblioteca 23/02/2022

Entre o 7 e o 25 de marzo de 2022 terá lugar o Programa de formación en liña Web of Science (WOS), organizado por FECYT en colaboración con Clarivate. O ciclo consta de 15 formacións en español, de 75 minutos de duración en horario de mañá e de tarde, dirixidas a estudantes, investigadores, bibliotecarios e usuarios de WOS. 

Inscrición

Para asistir é preciso inscribirse cunha conta de correo institucional na seguinte ligazón.

Enviaráslles un correo de confirmación ás persoas inscritas, cunha ligazón de configuración do WebEx no seu equipo. Este correo pode chegar á carpeta do correo lixo, polo que cumprirá revisala.

Certificado de asistencia

Para obter o certificado de asistencia, as persoas asistentes deberán responder os cuestionarios que o persoal formador lles entregará durante as sesións e cubrir unha enquisa de satisfacción ao finalizar o curso. Ao cabo de tres semanas, recibirán na súa conta de correo institucional o certificado de asistencia de todas as sesións ás que acudan (como mínimo 30 minutos por sesión).

 

Logotipo de Web of Science

 

 

 

Biblioteca Universitaria de Vigo
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central
As Lagoas, Marcosende
36200 Vigo
+34 986 813 843
referencia@uvigo.gal