Obradoiro práctico de Scifinder-n

UVigo - Biblioteca 13/10/2021

A Biblioteca Universitaria e CAS organizan un obradoiro presencial en español sobre Scifinder-n

SciFinder-n é a nova plataforma de acceso ás bases de datos de Chemical  Abstracts (CAS). Ofrece unha interface sinxela e moi fácil de utilizar, máis contido e novas funcionalidades, como o módulo de retrosíntese e PatentPak, entre outras novidades.

O obradoiro está dirixido ao estudantado e ao persoal investigador do ámbito das ciencias (química, enxeñaría química, bioloxía, medicina, física, ciencias da saúde, ciencias dos materiais, farmacia etc.

  • Data: 19 de outubro de 2021
  • Lugar: Facultade de Química (aula de informática, planta baixa, bloque E), As Lagoas, Marcosende, 36310 Vigo (mapa)
  • Horario: de 11.00 a 12.30 h
  • Formadora: Míriam Plana, Senior Customer Success Manager CAS

Contidos

  • Exercicios de busca por referencia, substancia e reacción
  • Uso do módulo de retrosíntesis
  • Resolución de dúbidas

Inscrición

Para inscribirte, cómpre enviar un correo-e a referencia2@uvigo.gal co asunto: "inscrición obradoiro SciFinder-n UVigo". As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

Certificado

CAS expedirá un certificado de asistencia.


 

Máis información:

Biblioteca Universitaria 
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Central
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 843
referencia@uvigo.gal