Vídeos

Protocolo para a normalización da sinatura científica

UVigo - Biblioteca 09/12/2020

Sabías que?

  • O uso de formas diferentes no nome persoal ou no nome da institución nas sinaturas científicas pode ter consecuencias non desexadas no proceso de comunicación científica.
  • Os resultados das buscas nas bases de datos bibliográficas varían en función de como aparezan os nomes de persoas e das institucións nas sinaturas das publicacións.

A Universidade de Vigo presenta o Protocolo de normalización da filiación institucional e do nome persoal nas publicacións do persoal vinculado á Universidade de Vigo que recolle unhas normas básicas para a redacción das sinaturas das publicacións científicas, tanto no que se refire ao nome persoal como ao institucional. O seu obxectivo é garantir unha correcta identificación das publicacións nas fontes de información.

Deseguido poñemos á túa disposición a versión do protocolo en inglés.

Que conseguimos con este protocolo?


Como investigador/a

  • Indexar correctamente as nosas publicacións nas fontes de información.
  • Distinguir as nosas publicacións das doutras persoas con nome similar.
  • Recuperar todas as nosas publicacións na busca por autoría nas fontes de información.
  • Obter con máis facilidade as citas e outros indicadores bibliométricos.
  • Aumentar a visibilidade e o impacto das nosas publicacións.

Como institución

  • Evitar que se omitan publicacións da universidade e dos seus centros de investigación nas fontes de información.
  • Analizar con maior facilidade e rigor a produción científica da universidade.
  • Aumentar a visibilidade e o impacto das publicacións da universidade e dos seus centros de investigación.

 

Vídeos: «A sinatura desde distintas olladas»

Persoal investigador e da Biblioteca Universitaria opina sobre a importancia da sinatura na comunicación científica nunha serie de vídeos que se irán publicando ao longo das vindeiras semanas.
 

 

 

 

 

 

 

 

 

Presentación do protocolo
 


O protocolo presentóuselle á comunidade universitaria o martes 15 de decembro, ás 13.00 h, nun seminario web a través de Campus Remoto no que participaron Belén Rubio, vicerreitora de Investigación e Ana Martínez, responsable da Área de Servizos Bibliométricos da Biblioteca Universitaria.
 

Guías da Biblioteca Universitaria

 

Máis información:

Biblioteca Universitaria
Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación

Campus de Vigo
+34 986 813 843
referencia@uvigo.gal

Campus de Pontevedra
+34 986 802 001
refbcp@uvigo.gal

Campus de Ourense
+34 988 387 230
saibco@uvigo.gal