Outras acreditacións

Selo de excelencia - Universidades Europeas

O Selo de excelencia é un distintivo de calidade outorgado a propostas de alianzas universitarias que non recibiron financiamento a través do programa Erasmus+ debido a restricións orzamentarias.

Este selo recoñece a alta calidade da proposta e axuda a que outros organismos financiadores poidan aproveitar o proceso de avaliación da iniciativa de Universidades Europeas.

Aínda que non recibiron financiamento do programa Erasmus+, varias alianzas universitarias xa iniciaron as súas actividades.

Actualmente, están comprometidas na construción e mantemento dunha cooperación transnacional máis profunda entre as súas institucións.

A Universidade de Vigo forma parte da Universidade Europea  ATHENA PLUS (Alliance for Advancing Technology through Higher Education and Novel Approaches), unha alianza de dez institucións de ensino superior e de investigación.

Selo de excelencia

Selo de excelencia1.15 MB

 

Certificado GreenMetric

Creado en 2020, o índice GreenMetric valora as políticas de sostibilidade ambiental dos centros de ensinanza superior, no ámbito internacional, en función de seis categorías: eficiencia enerxética e loita contra o cambio climático, a xestión de residuos, os recursos hídricos, a infraestrutura, o fomento do transporte non contaminante e a educación ambiental.

O obxectivo desta clasificación promovida pola Universidad de Indonesia, a máis importante en materia de sostibilidade, é reflictir os esforzos realizados polas institucións para aplicar políticas e programas sostibles e respectuosos co medio ambiente.

Certificado GreenMetric

Certificado GreenMetric3.31 MB