Avaliación da satisfacción do estudantado cos programas de doutoramento 2024

UVigo - Calidade 28/11/2024

Ata o venres 20 de decembro de 2024 estará aberto o prazo para que o estudantado de doutoramento poida avaliar a súa satisfacción cos programas de doutoramento da Universidade de Vigo.

Tal e como aprobou a Comisión de Calidade da Eido, neste curso avaliarase o curso 2023/2024 a través de dous cuestionarios diferentes:

  • un destinado ao estudantado matriculado no primeiro ano no curso 2023/2024
  • outro para o estudantado matriculado no terceiro ano no curso 2023/2024.

Os cuestionarios poden responderse en liña mediante unha aplicación informática de enquisas accesible a través dunha ligazón personalizada para cada estudante de doutoramento.

O tratamento dos datos é anónimo e confidencial e o acceso personalizado en ningún caso quedará asociado ás respostas emitidas ao encher o cuestionario nin ao tratamento dos seus resultados.

Este proceso de recollida da opinión resulta imprescindible para a mellora continua dos programas de doutoramento da Universidade de Vigo, polo que agradecemos a colaboración do estudantado dun xeito sincero e responsable.

 

Máis información:

Escola Internacional de Doutoramento (Eido)
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 442
eido.subdir@uvigo.gal