Enquisa de avaliación de satisfacción do profesorado dos programas de doutoramento 2024
A Escola Internacional de Doutoramento (Eido) abre o prazo para participar na enquisa de avaliación de satisfacción do profesorado dos programas de doutoramento 2024.
O prazo para cubrir a enquisa permanecerá aberto do 1 ao 31 de xullo de 2024 (ambos os dous incluídos) e poderán contestala as seguintes persoas:
- Titores/as de teses nos cursos 2022/2023 e 2023/2024
- Directores/as de teses nos cursos 2022/2023 e 2023/2024
A participación farase en liña a través dunha aplicación informática de enquisas á que se poderá acceder a través dunha ligazón personalizada enviada de xeito automático por mensaxaría electrónica.
O contido do cuestionario foi adaptado para homoxeneizalo co das outras dúas universidades do SUG.
A enquisa é anónima e confidencial e o acceso personalizado en ningún caso quedará asociado ás respostas emitidas ao enchela.
Lembrámosvos que este proceso de recollida de opinión resulta imprescindible para a mellora continua dos programas de doutoramento da Universidade de Vigo, polo que agradecemos a vosa colaboración dun xeito sincero e responsable.
Máis información:
Escola Internacional de Doutoramento (Eido)
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 442
eido.subdir@uvigo.gal