11º Ciclo de Cine e Lingua: proxección de ‘Before Midnight’
Data de celebración:
4 de decembro de 2019 ás 20:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Extensión UniversitariaLugar
rúa Palma, 4
36202 Vigo
España
Tipo de evento
CineEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialDirixido por Richard Linklater
A programación cultural da Extensión Universitaria da UVigo para este cuadrimestre inclúe o Ciclo de Cine e Lingua, un evento que conta co apoio do Centro de Linguas da Universidade de Vigo. Esta décimo primeira edición céntrase na proxección de películas en VO en inglés con subtítulos en español.
O ciclo de cine en versión orixinal continúa este 4 de decembro coa proxección da película Before Midnight, o último filme da triloxía dirixida por Richard Linklater e protagonizada por Ethan Hawke e Julie Delpy. Desta vez o filme está ambientado en Grecia no ano 2013, deixando así un intervalo de nove anos tanto entre cada rodaxe como entre cada encontro dos personaxes.