13º Ciclo de Cine e Lingua: 'Lost in translation'
Data de celebración:
21 de novembro ás 19:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Universidade de VigoLugar
Praza do Berbés, 11
36202 Vigo
España
Tipo de evento
CineEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo edificio Redeiras
Despois do parón pola pandemia, o Ciclo de Cine e Lingua. Let`s go to the flicks! regresa este outono cunha edición dedicada ás mulleres directoras. E farao nun novo escenario ao trasladarse do edificio Cambón á sede institucional da Universidade no Berbés. Deste xeito, e da man do Vicerreitoría de Extensión Universitaria, ao longo dos meses de novembro e decembro o edificio Redeiras acollerá as proxeccións de cinco películas en versión orixinal con subtítulos en español. A primeira sesión ten como cinta protagonista Lost in translation, dirixida por Sofía Coppola en 2003, cando se cumpren 20 anos da súa estrea.
A entrada é de balde ata completar a capacidade da sala. O poeta e tradutor Keith Peyne presentará e moderará o coloquio.