Acto de graduación do alumnado de Ciencias Empresariais e Turismo
Data de celebración:
23 de setembro de 2021 ás 17:00Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS e PDIOrganiza
Facultade de Ciencias Empresariais e TurismoLugar
Rúa da Canle, 2
32004 Ourense
España
Tipo de evento
GraduaciónEntrada:
De balde. É necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo Auditorio Municipal de Ourense
Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, e Mª Montserrat Cruz, decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
O alumnado da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense celebra o seu acto de graduación. Trátase da X promoción do Grao en Turismo (14 persoas), a XI promoción do Grao en Administración e Dirección de Empresas (47 persoas) e a III promoción do Programa Conxunto ADE-Dereito (19 persoas). Os padriños e madriñas, tanto externos como académicos, serán César Llana, director do Museo Etnolóxico de Ribadavia; Pedro Fernández, CEO do Grupo Hereda; e os docentes do centro Elena de Prada e Diego Rodríguez-Toubes.