Acto de graduación de Dirección e Xestión Pública

  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI

Data de celebración:

25 de xuño de 2021 ás 17:00

Dirixido a

Estudantes , Medios , PAS e PDI

Organiza

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Lugar

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
36005 Pontevedra
España

Tipo de evento

Acto institucional

Entrada:

de balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No salón de actos de CCSS e da Comunicación

Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra; Maica Larriba, subdelegada do Goberno en Pontevedra; Luis López, delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra; Jorge Soto, vicerreitor do campus de Pontevedra; Emma Torres, decana da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, e Enrique Varela, decano comisario da futura Facultade de Dirección e Xestión Pública e padriño da promoción de graduados

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolle o acto de graduación de 14 integrantes da décimo segunda promoción do Grao en Dirección e Xestión Pública, así como doutros oito titulados e tituladas da décimo primeira promoción, que completaron o seus estudos o pasado curso. O acto contará coas intervencións do reitor, Manuel Reigosa, a decana, Emma Torres, e o padriño e decano comisario, Enrique Varela, así como dos graduados José Rodríguez e Matei Otero, en representación das dúas promocións de egresados.

Ademais das autoridades académicas, o acto contará coa asistencia do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba; o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra; Luis López; o secretario xeral da Delegación do Goberno en Galicia, Alberto de la Fuente; o delegado da Agencia Tributaria en Pontevedra, Daniel Gómez; a presidenta do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, Pilar Otero, e a xefa de recursos humanos do Concello de Vigo, María Dapena.

 

Anótao en:

Add to Calendar 2021-06-25 17:00:00 2021-06-25 17:00:00 Acto de graduación de Dirección e Xestión Pública No salón de actos de CCSS e da Comunicación Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Europe/Madrid public