Bioblitz no campus de Vigo

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

27 de marzo ás 10:30

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

UCC+i

Lugar

Praza Miralles

Praza Erasmo
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Ao ar libre

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

O obxectivo é que as e os participantes identifiquen o maior número de especies de flora e fauna

O campus de Vigo é o escenario este xoves 27 de marzo dun evento participativo de ciencia cidadá que ten por obxectivo que as persoas participantes identifiquen o maior número de especies nun tempo determinado. É o que se coñece como bioblitz, unha actividade organizada pola Unidade de Cultura Científica, UCC+i da Universidade de Vigo. 

Inserido dentro do programa Ciencia de ida e volta que se desenvolve co financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia e Innovación, o bioblitz está aberto a toda a cidadanía, que poderá coñecer e explorar os ecosistemas do campus converténdose en “exploradoras e exploradores das ricas contornas naturais" do campus. 

Esta actividade é de balde, pero é preciso inscribirse previamente neste enderezo.

Anótao en:

Add to Calendar 2025-03-27 10:30:00 2025-03-27 10:30:00 Bioblitz no campus de Vigo O obxectivo é que as e os participantes identifiquen o maior número de especies de flora e fauna Praza Miralles UCC+i Europe/Madrid public