Ciclo de conferencias 'Investigación e innovación en didácticas específicas'

  • Estudantes
  • PDI
  • Pontevedra
  • Charlas e seminarios

Data de celebración:

4 de novembro de 2020 ás 16:30

Dirixido a

Estudantes e PDI

Organiza

Máster en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria

Lugar

Campus Remoto da Universidade de Vigo

Campus universitario de Vigo. As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios e Conferencias

Entrada:

de balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Virtual

A través de Campus Remoto

O Máster en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria organiza un ciclo virtual de conferencias dirixido a achegar unha serie de experiencias concretas de investigación e innovación no eido educativo.

Coordinado polo profesor Uxío Pérez, o ciclo ábrese ás 16.30 horas coa conferencia da profesora da Universidad de Almería Sensociencia: ciencia con sentido, con sensores e con sensacións. Ás 18.00 horas terá lugar o relatorio Promoción de estilos de vida saudables desde o contexto escolar. Un método de investigación, dos profesores da Universidade da Coruña Belén Toja e Miguel Ángel González; e ás 19.00 horas pechará a xornada a conferencia Educación física en francés: aplicación de estratexias e creación de materiais, da profesora do IES Valle-Inclán Ana Santos.

Anótao en:

Add to Calendar 2020-11-04 16:30:00 2020-11-04 16:30:00 Ciclo de conferencias 'Investigación e innovación en didácticas específicas' A través de Campus Remoto Campus Remoto da Universidade de Vigo Máster en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria Europe/Madrid public