Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático Cidade Vigo

  • Público externo
  • Vigo
  • Charlas e seminarios

Data de celebración:

21 de marzo de 2023 ás 20:00

Dirixido a

Público externo

Organiza

Club Peña Trevinca , Universidade de Vigo e Concello de Vigo

Lugar

Auditorio Municipal de Vigo

Praza do Rei, 1
36202 Vigo
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios

Entrada:

De balde

Modalidade

Presencial

No Auditorio do Concello de Vigo

Promovido polo Club Peña Trevinca, coa colaboración da Universidade e do Concello de Vigo a segunda edición do Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático Cidade Vigo desenvólvese entre os día 21 ao 23 de marzo no Auditorio do Concello.

Este martes a deportista catalá Silvia Vidal, referente da escalada e o alpinismo a nivel mundial, será a encargada de inaugurar o ciclo. Medalla de ouro da Real Orden do Mérito Deportivo en 2022, Piolet D’Or en 2021, Silvia Vidal foi nomeada o pasado mes de febreiro Miembro de Honor de la Sociedad Geográfica Española. Alaska en solitario é o título da presentación da deportista, cuxas expedicións ao Himalaya, Karakorum, Isla de Baffin, Patagonia ou Tailandia son un encontro puro entre o ser humano e a natureza, sen aditivos tecnolóxicos.

Na súa intervención, Silvia Vidal, achegará ás persoas asistentes como foi a experiencia abrindo unha nova vía en solitario en Alaska, cargando 150 quilos, cruzando ríos, sen radio, sen teléfono e sen GPS. O coordinador da vocalía de Medio Ambiente e expresidente de Trevinca, Carlos Garrido, será o encargado de conducir a intervención de Silvia Vidal

Anótao en:

Add to Calendar 2023-03-21 20:00:00 2023-03-21 20:00:00 Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático Cidade Vigo No Auditorio do Concello de Vigo Auditorio Municipal de Vigo Club Peña Trevinca Universidade de Vigo Concello de Vigo Europe/Madrid public