Clausura dos LPRO Days e entrega de premios
Data de celebración:
9 de maio ás 18:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Escola de Enxeñaría de TelecomunicaciónLugar
Av. Samil, 17
36212 Vigo
España
Tipo de evento
XornadasEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo museo Verbum
Asisten: Abel Caballero, alcalde de Vigo; Rebeca P. Díaz, directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación; Martín Llamas, director de atlanTTic, e Manuel Caeiro, coordinador dos LPRO Days 2025
A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación celebra os LPRO-Days, un evento concibido a modo de feira tecnolóxica, no que o alumnado que está a piques de finalizar os seus estudos no centro presenta ao público os traballos que levou a cabo dentro de materia Laboratorio de Proxectos.
Tras unha primeira sesión na propia escola o xoves 8, a feira trasládase ao museo Verbum - Casa das Palabras. A visita á mostra, aberta ao público en xeral, pode realizarse de 16.00 a 18.00 horas, cando terá lugar a clausura e entrega de premios, onde se contará coa participación de representantes de numerosas empresas e centros tecnolóxicos (atlanTTic, Marine Instruments, Optare Solutions, Quobis, Gradiant e CTAG).