Concerto da Aula Permanente de Música Tradicional
Data de celebración:
27 de xuño de 2022 ás 20:30Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Vicerreitoría do campus de PontevedraLugar
Rúa da Alameda, 4
36001 Pontevedra
España
Tipo de evento
Actuacións , Ao ar libre e MúsicaEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialAcompañada por diferentes agrupacións
Asiste: Eva María Lantarón, vicerreitora do campus de Pontevedra
A Aula Permanente de Música Tradicional do Campus de Pontevedra pecha a serie de actuacións que levou a cabo ao longo do mes de xuño en diferentes prazas da cidade cunha actuación na alameda. Neste concerto, os preto de 30 integrantes do seu grupo de gaitas e percusión interpretan un repertorio baseado en pezas tradicionais e populares acompañados por integrantes de diferentes agrupacións. Concretamente, participan nesta actuación a Escola de Instrumentos Populares Galegos Suso Vaamonde, a Escola de Música de Salceda de Caselas, a agrupación Téquexetéldere, a Escola de Música e Baile Tradicional Concello de Outes, a asociación A Fuliada e a asociación Hai que roelo.
Máis información
https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/aula-musica-tradicional-percorrera-prazas-cidade