Conferencia da Cátedra ACP-Innova
Data de celebración:
21 de setembro de 2021 ás 12:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Cátedra ACP-InnovaLugar
Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
ConferenciasEntrada:
de balde É necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa sala de conferencias da Vicerreitoría do campus
A Cátedra ACP-Innova, impulsada pola Universidade de Vigo e as empresas Saraiva, Activiza e Envita, organiza na sede da Vicerreitoría unha conferencia da doutora en psicoloxía, xerontóloga e experta en atención centrada na persoa Teresa Martínez Rodríguez. Baixo o título Cara o novo modelo de coidados: reto post-covid, trátase do primeiro relatorio promovido ao abeiro desta cátedra.
Debido ás restricións de aforo ás que obriga a covid-19, o acceso á conferencia será con invitación, que pode solicitarse a través do correo electrónico catedra@acpinnova.com.
A conferencia poderá seguirse, de xeito virtual, a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo. O acceso realizarase a a través do seguinte enlace: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/999218868. Deberá empregarse o acceso estudantado e o contrasinal Ky8fRT.