Conferencia e mesa redonda sobre os partidos políticos
Data de celebración:
12 de setembro de 2019 ás 17:30Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Observatorio de Estudos sobre Corrupción Política e Fundación Cum LaudeLugar
Rúa do Progreso, 30
32003 Ourense
España
Tipo de evento
ConferenciasEntrada:
De balde. Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo Centro Cultural Marcos Valcárcel
O Observatorio de Estudos sobre Corrupción Pública, con sede na Facultade de Dereito do campus de Ourense, organiza xunto á Fundación Cum Laude unha conferencia e mesa redonda arredor dos partidos políticos no Centro Cultural Marcos Valcárcel. A sesión comezará cunha intervención de Roberto Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago de Compostela, titulada As disfuncións dos partidos no estado democrático, e seguirá cun debate no que participarán, ademais do relator, Fernando Vázquez, Ana Gude, Vicente Sanjurjo e Begoña López. Acto aberto ás persoas interesadas.