Congreso internacional 'Lingua e violencia'

  • Estudantes
  • Medios
  • PDI
  • Vigo

Data de celebración:

16 de xaneiro ás 9:00 17 de xaneiro ás 9:00

Dirixido a

Estudantes , Medios e PDI

Organiza

Departamento de Literatura Española e Teoría da Literatura

Lugar

Facultade de Filoloxía e Tradución

rúa da ilustración s/n
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Congreso

Entrada:

20€ É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Na Facultade de Filoloxía e Tradución

O Departamento de Literatura Española e Teoría da Literatura organiza o Congreso Internacional Lingua e Violencia: mediacións literarias na era do antropoceno en colaboración co grupo de investigación ELICIN da Universidade de Vigo, o grupo de investigación Discourse and Identity da Universidade de Santiago de Compostela e o proxecto Language Acts and Wordmaking do King’s College London.

O congreso, que se celebra do 16 ao 17 de xaneiro, consta de diferentes ponencias, mesas redondas e presentacións que abordan temas como a representación da violencia na literatura, no cinema, na música e no teatro. Nas sesións tamén se tratan cuestións como as implicacións na ensinanza, proxectos editoriais alternativos e outras achegas máis filosóficas, tocando temas como a relixión e a política en galego, castelán, inglés e portugués. 

As conferencias plenarias corren a cargo de Patricio Pron, escritor e premio Alfaguara de 2019, e a poeta irlandesa Lorna Shaughnessy. 

Máis información

Web do congreso

Anótao en:

Add to Calendar 2020-01-16 09:00:00 2020-01-16 09:00:00 Congreso internacional 'Lingua e violencia' Na Facultade de Filoloxía e Tradución Facultade de Filoloxía e Tradución Departamento de Literatura Española e Teoría da Literatura Europe/Madrid public