Congreso internacional 'Sistema penal y cooperación judicial. Un enfoque supranacional'
Data de celebración:
22 de outubro de 2020De 9:30 a 19:45 23 de outubro de 2020
De 9:30 a 14:00
Dirixido a
Estudantes , PAS e PDIOrganiza
Programa de doutoramento en xestión e resolución de conflitos. Menores e familia e xustiza terapéuticaLugar
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, Campus Universitario Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
España
Tipo de evento
CongresoEntrada:
De baldeModalidade
SemipresencialCon modalidade presencial e virtual
A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo acolle o Congreso internacional Sistema penal y cooperación judicial. Un enfoque supranacional, organizado polo Programa de Doutoramento en xestión e resolución de conflitos. Menores, familia e xustiza terapéutica.
O congreso, que ten modalidade presencial (aula A-209) e virtual (Campus Remoto aula A-209), reúne entre os días 22 e 23 deste mes especialistas de universidades españolas e portuguesas para abordar temáticas como a intelixencia artificial e xustiza penal en Europa; as garantías procesais dos menores sospeitosos ou acusados nos procesos penais; a Orde Europea de Protección e a Orde Europea de Investigación; a cooperación internacional e informes de intelixencia na loita contra a delincuencia transnacional ou a loita contra a corrupción na UE.