Conversas en Empresariais. 10 anos do Mestrado en Comercio Internacional

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

4 de abril de 2018 ás 10:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Escola Universitaria de Estudos Empresariais

Lugar

Facultade de Comercio

rúa Torrecedeira 105
36208 Vigo
España

Tipo de evento

Xornadas

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Celébrase os días 4 e 5 de abril na Escola Universitaria de Estudos Empresariais

A Escola Universitaria de Estudos Empresariais organiza co gallo do décimo aniversario do Mestrado en Comercio Internacional organiza os días 4 e 5 abril unha nova sesión de Conversas en Empresariais.

As sesións comezarán o mércores cun relatorio titulado Propiedade intelectual: patentes, marcas e dereitos de autor no eido internacional a cargo de Roberto Janeiro e José Areán de Herrero & Asociados. A mediodía, Inmaculada Rodríguez ofrecerá un relatorio titulado Responsabilidade social corporativa na internacionalización da empresa. Pola tarde os egresados do mestrado Adrián Pérez e Yifan Zhang falarán sobre Desenvolvemento profesional no comercio internacional, mentres que representantes de diversas empresas galegas internacionalizadas achegarán a súa experiencia ás e aos asistentes. A xornada finalizará coa exposición por parte das tituladas da Escola que participaron en Islandia no proxecto de visibilización das mulleres en postos de decisión na sustentabilidade da industria da pesca.

O xoves 5 de abril Sergio Prieto do ICEX ofrecerá un relatorio titulado O futuro da empresa pasa pola internacionalización e a continuación terá lugar unha mesa redonda sobre Políticas e iniciativas institucionais de promoción do comercio internacional, na que participarán representantes do Igape, Zona Franca e da Confederación de Empresarios de Pontevedra. A xornada finalizará cunha visita pola tarde ao Museo Massó en Bueu.

Anótao en:

Add to Calendar 2018-04-04 10:00:00 2018-04-04 10:00:00 Conversas en Empresariais. 10 anos do Mestrado en Comercio Internacional Celébrase os días 4 e 5 de abril na Escola Universitaria de Estudos Empresariais Facultade de Comercio Escola Universitaria de Estudos Empresariais Europe/Madrid public