Debut 2023. Workshops
Data de celebración:
20 de novembro ás 10:00 21 de novembro ás 10:00 22 de novembro ás 10:00 23 de novembro ás 10:00Dirixido a
EstudantesOrganiza
Mestrado de Deseño e Dirección Creativa en ModaLugar
Rúa Maestranza 2
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
Obradoiros e TalleresEntrada:
De balde É necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa Facultade de Belas Artes
Dentro das actividades que integran o programa de Debut 2023, o desfile no que o alumnado do Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda presenta as coleccións que constitúen os seus traballos de fin de mestrado, entre o luns 20 e o xoves 23 desenvólvense unha serie de workshops para o alumnado, promovidos coa colaboración da Fundación Artesanía de Galicia.
Entre este luns 20 e o mércores 22 desenvólvese o taller Deseño de saddle bag en pel, a cargo de Ezequiel Rey Franchi, de Raíces Nómadas Atelier. O workshop ten lugar no Laboratorio Téxtil I da Facultade de Belas Artes, o luns e o martes de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas e o mércores de 10.00 a 14.00 horas.
Entre o martes 21 e o xoves 23 ten lugar o taller Texturas téxtiles aplicadas á cerámica, impartido por Paula Ojea, de Ojea Estudio. Esta actividade desenvólvese en horario de 10.00 a 14.00 horas no Laboratorio Cubo de Belas Artes.