Docs del Mes: 'Marwa. Pequeña y valiente'
Data de celebración:
19 de outubro de 2020 ás 20:30Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Vicerreitoría do campus de PontevedraLugar
Calle de Paio Gómez Chariño, 6
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
CineEntrada:
de balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo Teatro Principal
No marco do ciclo de cinema documental Docs del Mes, que a Vicerreitoría do campus promove en Pontevedra coa colaboración do Concello, o Teatro Principal acolle a proxección de Marwa. Pequeña y valiente, un documental da directora e produtora xordana Dina Naser, que retrata a vida cotiá de Marwa, unha nena que vive nun campo de refuxiados de Xordania desde que fuxiu coa súa familia de Siria.
A proxección contará con entrada libre ata completar un aforo de 98 persoas.