'Docs del Mes'. Proxección de 'Un hombre mejor'
Data de celebración:
21 de maio de 2018 ás 20:30Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Vicerreitoría do campus de PontevedraLugar
Calle de Paio Gómez Chariño, 6
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
CineEntrada:
0 Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialArranca o ciclo de cine
O Teatro Principal acolle a proxección de Un hombre mejor, un documental da directora e guionista feminista Attiya Khan e o cineasta Lawrence Jackman sobre a violencia machista e un novo paradigma de prevención coñecido como xustiza restaurativa, que ten como punto de partida o reencontro entre a propia Attiya Khan e a ex-parella que a maltratou cando era adolescente. Con entrada libre ata completar aforo, esta proxección enmárcase no ciclo Docs del Mes, que promove na cidade a Vicerreitoría do campus, coa colaboración do Concello.